26 de abril de 2019 ás 18.00 h.
O venres 26 de abril, a partir das 18:00 horas, celébrase unha nova xuntanza de Contos en Cueiros. Faremos unha viaxe sensorial a través de diferentes illas nas que viviremos aventuras sorprendentes ao tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas ou as partes do corpo, empregando contos, cancións, xogos, música…
Para partiticipar é preciso inscrición previa en Espazo Lectura.
Criterios de inscrición
Contan cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:
– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
– o nome do bebé
– o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
– o nome da persoa adulta que o vai acompañar
– un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
– en caso de ser socios/as, o nome do socio/a
– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.
NECESARIA INSCRICIÓN PREVIA EN ESPAZO LECTURA
Se tes calquera dúbida ¡Ponche en contacto connosco!
CONTACTO