Estrazalonia - Donde viven los cuentos | Actividades · Talleres · Animación
1779
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-1779,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-16.8,qode-theme-bridge,disabled_footer_top,wpb-js-composer js-comp-ver-5.5.2,vc_responsive
Fecha y hora:
Categoría:
Cuentacuentos
Descripción:

Estrazalonia é un espectáculo pensado e creado para nenos e nenas dende 1 a 5 anos, e para o disfrute de todos os públicos en xeral. Os idiomas empregados son a nosa lingua, o galego; e un idioma inventado, o Tilintilonio. Presentamos unha obra teatral que pretende o estímulo dos sentidos viaxando a través das emocións, as sensacións, a sorpresa e a ilusión. A Estrazalonia chegan Tilín e Tilón, cada unha co seu son, e atoparán un mundo de papel. Neste mundo os cativos descubrirán novas texturas, novos sons, a maxia das transformacións e o poder da imaxinación, onde todo é o que cada quen quere que sexa. En Estrazalonia xurdiron dúas grandes montañas fantásticas nas que habitan seres moi curiosos que nos levarán a imaxinar mundos infinitos.

TAQUILLA INVERSA · AFORO LIMITADO

¿Necesitas más información? ¡Ponte en contacto con nosotros!